RESPIRAMOS ROSALÍA
O día 24 de Febreiro, como non podía ser doutra forma, desfrutamos dunha xornada Rosaliana.
O "Adiós Ríos, Adiós Fontes" foi o poema elexido para pintalo, debuxalo, contalo...
Un pequeno acto de mullerenaxe para unha das nosas devanceiras, unha muller valente que nos sinalou camiño e traxectoria.
TES MÁSCARA, CAROLINA?
Chega o Entroido e, como cada ano hai que sacar punta á actualidade.
Extrañamos partillar estas datas ca vila, subir ver @s pequech@s do colexio ao Cantón e desfrutar das cores, das cancións e dos bailes.
Quixemos facer a nosa aportación en forma de mocas, burlas e chacotas, así que dímoslle unha volta cargada de humor e teatro á canción: Bailaches, Carolina? converténdea en Tes máscara, Carolina?
Porque...temos moitos anos...pero tamén pouca vergoña. Adiante Don Carnal!!!
CONTRA A FORTE PANDEMIA...MOITO HUMOR!
As bromas, os chistes, as risas e a música fan máis levadeiras as distancias e as ausencias.
Para nós calquera excusa é boa para entroidar, máis en estes tempos difíciles, onde precisamos sentir os sorrisos detrás das máscaras...
CORREOS QUE VEÑEN E VAN
Iniciamos o 2021 ca necesidade de empregar outras ferramentas para relacionarnos.
Enfrentamos así, o desafío de integrarnos na rede de redes (internet).
Non o vamos a negar, a actividade preséntasenos con algúns medos e dificultades, pero non queremos quedarnos á marxe.
En primeiro lugar, imos utilizar Internet para comunicarnos con outras persoas externas ao CAPM "A Concordia": temos contactos na Residencia e Centro de Día de Foz de IDEA e na Residencia para Persoas Maiores que xestiona a Diputación no Concello de Ribadeo.
A actividade facilita a apertura a outros espazos, pon ao noso alcance persoas e actividades, invítanos a saír do illamento e é un elemento imprescindible, nestes momentos, para promover relacións e sociabilización
CONTOS PARA CONSTRUIR PONTES E DERRUBAR FRONTEIRAS
Plantexamos agora un conto,contamos os Reis, xa que as persoas maiores do CAPM de Ribadeo, desfrutan de contar contos ás crianzas.
Grandes contadores e contadoras que se alimentan ca atención dos ollos e orellas das persoas pequenas.
As persoas pequenas, non perden detalle cando as persoas maiores contan, e iso é o alicerce das nosas actividades interxeneracionais.
A través dos contos buscamos motivar, acompañar e apoiar ás crianzas pero tamén a toda a comunidade nestas extrañas burbullas de distancia física.
Queremos manter vivos os lazos afectivos, promover o hábito da lectura e tamén transmitir coñecementos, valores e principios que nos leven a uns entornos vitais máis inclusivos, máis humanizados e máis respetuosos capacidades diferentes
Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis
Contos cos que construir pontes e derrubar fronteiras