SAN SILVESTRE VIRTUAL CON MÁIS KMS BARREIROS

O feito de programar todos os días un tempo de andaina medido e cronometrado, os fermosos dorsais, animounos este ano a facer a I SAN SILVESTRE.

Foi unha mañá divertida donde non faltou nin o quencemento, nin os nervios pre-competición  e tamén claro está os aplausos e o compañerismo para chegar xunt@s ao noso obxectivo

Rematamos o ano 2020 con exercicio...sinónimo de saúde

Facendo equipo...máis anos...máis kilómetros

Despedimos o ano por todo o alto!

PREMIAD@S COCIÑEIR@S

Ao abeiro do concurso “Cociñando A Mariña”, proposto pola Mancomunidade de Municipios de A Mariña Lucense, elaboramos un proxectos transversal que incluiu desde o deseño do logo ata a ubicación xeográgica de procedencia dos ingredientes que empregamos.

Hoxe, por fin podemos partillar con vós, que gañamos o segundo premio, co que realizaremos a Ruta da Faba, unha ruta que no noso caso adaptarase para cubrir as nosas necesidades.

Ademáis de poñer en valor os nosos productos e os nosos productores e, dun suculento prato , A Ensalada A Mariña permitiunos engadir outros ingredientes importantísimos:

- Reforzar o sentimento de equipa, o sentimento de pertenza ao Centro de Día

- As mensaxes positivas, cargadas de contido, relacionadas con nós, cas persoas maiores; queremos poñer en valor as nosas aptitudes e os nosos coñecementos

- Cociñando xunt@s partillamos tempos de calidade de lecer

CENTRO DE DÍA A BOCADOS

Ao abeiro do concurso "Cociñando A Mariña" proposto pola Mancomunidade de Municipios de A Mariña elaboramos un proxecto transversal, que incluiu desde o deseño do logo ata a ubicación xeográfica de procedencia dos ingredientes que empregamos.

KILÓMETROS SOLIDARIOS

Mantemos as ganas de participar e sentirnos plenamente incluid@s na comunidade. Desde o día 21 ata o 31 de Decembro celébrase en Barreiros unha iniciativa solidaria que nos invita a movernos. +kms Barreiros busca que entre tod@s aportemos kms co obxectivo de chegar aos 6000. A organización donará 0.50 cents por cada km que recorramos. Participaremos todas as persoas do centro e elaboraremos distintos circuitos e distintas posibilidades de participación: ca cadeira de rodas, cas paralelas, co pedalier, con asistencia dunha persoa... Todos os días subiremos a marca das persoas usuarias elexidas para representarnos Queremos facer ver que nós, as persoas maiores tamén sumamos.

TANTAS FORMAS DE COLABORAR COMO PERSOAS DISPOSTAS A FACELO

!!HOXE ACADAMOS O PRIMEIRO QUILÓMETRO!!

E SEGUIMOS SUMANDO METROS

Os nosos kms sumarémolos desde o Centro así que deseñamos postas e marcamos un percorrido

Desde o 21 ao 31 de Decembro empregaremos unha parte da xornada para Mover os Corpos de forma solidaria.Hai moitas formas de sumar, queremos visibilizar as capacidades diferentes

CONTAMOS O NADAL

Desde o Centro de Día de Ribadeo quixemos sementar ilusión cara as actividades interxeneracionais que imos desenvolver no entrante 2021, tan importantes e enriquecedoras para persoas maiores e persoas pequenas.

Esta é a razón de que a nosa felicitación de Nadal relacione os números con elementos como a árbore, os Reis Magos, os turróns...

Se queres desfrutar da nosa adaptación da canción "Os números" de Mamá Cabra e sentir todos os nosos bós desexos para estas festas, pincha no seguinte enlace.

Premio da Biblioteca do Concello de Guitiriz. A Concelleira de Cultura Ainara Pérez felicitounos polo traballo e o entusiasmo que lle puxemos ás nosas receitas

Debuxamos números de Nadal

Felicitamos o Nadal cantando e contando

1 árbore, 2 orellas abrigadas, 3 Reis Magos, 4 patas do camelo e 5 dedos da man

Agasallos manufacturados

Mulleres con mil habilidades

Construimos un fermoso camiño hacia a IGUALDADE

Acompañámonos, escoitámonos e apoiámonos

Temos dereito a unha Vida sin Violencia

Camiñamos respectándonos

Pintamos, debatimos, reflexionamos ...

Material para obradoiro de pintado de máscaras

Pintado de máscaras co lema "O Machismo é Pandemia"

Lema consensuado durante o obradoiro de Igualdade 23 Novembro

 O Outono chegou ao Centro de Día, e con el as ganas de magostos, de xuntanzas...é por iso que durante a lectura da prensa aproveitamos para socializar na distancia, ca contorna.

A biblioteca de Guitiriz convocou un concurso: "RECEITAS DE OUTONO CON POESÍA", foi así como nos decidimos a cociñar palabras entre tod@s.

Empregamos estimulantes tormentas de ideas e conceptos que despóis fumos tecendo nos acrónimos.

Unha experiencia deliciosa na que unimos os recordos do outono cos seus sabores e as súas cores a través da poesía